Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sete anos a voltas coa "Orquestra"

Sete anos a voltas coa "Orquestra"
Despois de sete anos, o tempo parece non querer avanzar para os participantes na opereta que se estreava aquel 31 de Xaneiro de 2011. Aquela fría maña de luns, varias furgonetas de Policía Nacional e efectivos deste corpo, da Policía Xudicial e da Garda Civil iniciaban unha operación que perseguía a comisión de varios delitos por parte dos alcaldes por aquel entón en Cee, Fisterra e Mazaricos en connivencia cunha construtora, a dos Ogando en Muxía. Aquel día, efectivos dos corpos e forzas de seguridade do estado entraban de xeito coordenado nestes 3 concellos e na sede da empresa, dirixidos polo xuíz de instrucción do número 2 de Corcubión, Andres Lago Louro. Tardaríamos semanas en coñecer o xeito en que este xuíz (hoxe maxistrado) recopilara dúcias de grabacións nas que os máximos mandatarios falaban de cartos en negro, mordidas, ou suposto tráfico de influencias con absoluta liberdade e sen amosar o mais mínimo respeto pola lei. Prensa na Operacion Orquesta - - Foto Marcos Rodriguez Prensa na Operacion Orquesta - - Foto Marcos Rodriguez Sete anos despois o que comezou con mais de 24 imputados (pronto se unirían tamén as imputacións en Corcubión) chega a fase de apertura de xuizo oral con so 6 deses imputados chamados a comparecer ao banquiño da audiencia pola peza separada concerniente a Cee. Nestes sete anos a causa foi devolta a Corcubión dende A Coruña, troceada por concellos e de novo remitida a Coruña para que o xuizo sexa aberto hai mais dun ano e sen día ainda para que se celebre de xeito definitivo e poidamos saber, entre outras cousas, si os mais de 20 anos de cárcere e 25 de inhabilitación que se piden contra o actual alcalde de Cee, Ramón Vigo, son finalmente corroborados ou si, dun xeito difícil de imaxinar, todo queda finalmente en nada. Con el, descubrirán o resultado deste culebrón outros 5 implicados. Para os Ogando, Pai e fillo, como inductores dun delito continuado de prevaricación se piden ata 3 anos de prisión. Ao concelleiro e man dereita de Vigo ata hai ben pouco, Juan Bautista Areas "Candiño", a fiscalía pídelle un ano e seis meses por un delito presunto de suborno pasivo, mentres ao arquitecto da Casa de Cultura, José Carlos Leis, a fiscalía pídelle, en concepto de cooperador necesario, por un delito de prevariación, 7 anos de inhabilitación especial, e, no caso de apreciarse o delito continuado de falsedade en documento oficial, 4 anos de prisión e multa de 8.400€. O auto acúsao de ser el o que separaba os contratos.  Así se afirma de xeito textual no auto de apertura de xuizo oral. Atras quedan as grabacións recollidas polo sumario, onde algúns dos imputados admitía o uso de facturas falseadas, o cobro de subornos, o reparto de contratos públicos a dedo ou o cobro de mordidas a cambio de contratos.  

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios