Imprimir

Os traxes tradicionais de Torea e Abelleira volven ser protagonistas no intenso entroido de Muros

que pasa na costa | 18 de febreiro de 2020

Faltriqueira co traxe tradicional de Torea no Entroido do ano pasado-Foto-Manuel Maria Candamo
Faltriqueira co traxe tradicional de Torea no Entroido do ano pasado-Foto-Manuel Maria Candamo

En marcha está o programa de Muros para o Entroido. Como novidade este ano haberá unha singular exhibición de Entroidos tradicionais de Torea e Abelleira, que se celebrará o mesmo domingo 23 no marco do espatacular concurso de Comparsas.

O Entroido xa comeza o venres con festas infantís polas parroquias de Louro e Tal, e continúa o sábado coa festa infantil e o desfile en Esteiro da man da Asociación cultural O Xeito.

Como dicimos, o domingo 23 é un dos días grandes.

Luns 24 e martes 25 haberá festas infantís en Esteiro, Srrres, Abelleira e Torea, e o mércores 36 será a fermosa festa do Enterro de Don Facundo, coa Asociación Os do Casco, que tamén arma unha laconada. Ademais, a Asociación Praia do Castelo artella unha festa.

O fin do entroido, o venres 28, coa festa na biblioteca de Muros.

ENTROIDO-Muros-2020

Todos os programas do Entroido na Costa da Morte

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/traxes-tradicionais-torea-abelleira-volven-ser-protagonistas-intenso-entroido-muros/20200218120750117561.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia