Imprimir

Tres novos parques eólicos da comarca declarados "interese especial"

que pasa na costa | 27 de abril de 2018

eolic A Xunta investirá 127 millóns de euros nos parques eólicos de Bustelo, Monte Toural e Campelo Xa vimos dicindo nos últimos meses que a Costa da Morte convertirase na zona 0 dos novos parques eólicos que se están aprobando ao amparo da chamada "Lei de Depravación de Galicia", e que estarán en marcha antes de que finalice 2019. De feito, xa avanza hoxe que outros tres parques eólicos da provincia da Coruña pasarán a declararse "de interese especial". Unha catalogación que lle permitirá salvar os escollos mediambientais en tempo récord. Para a Xunta, a única visión é a das cifras: un investimento de 127 millóns de euros e a suposra creación de máis de 1100 empregos durante a súa construción e posterior traballo de mantemento das instalacións, segundo sinalan dende o goberno autonómico. Serán 30 os empregos xerados para manter activos os 109MW que producirán. O canon eólico xerado será de máis de 3 millóns de euros durante toda a súa explotación. En concreto, trátase dos parques eólicos Bustelo, Monte Toural e Campelo, todos localizados na provincia da Coruña e promovidos por Greenalia. O de Bustelo, situado nos concellos de Coristanco e Carballo, contará con 11 aeroxeradores e unha potencia de 46,2MW. Os outros dous proxectos declarados de interese especial situaranse nos concellos de Santa Comba e Coristanco: o parque eólico Monte Toural disporá de 5 aeroxeradores e unha potencia de 21MW; mentres que o de Campelo terá 11 aeroxeradores e 42MW de potencia. Os tres parques contarán cunha liña de evacuación conxunta.

Artigos eólicos

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/tres-novos-parques-eolicos-da-comarca-declarados-interese-especial/20180427061528087808.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA