Imprimir

“Trinta” anos de Semana Cultural no IES Fontexería

que pasa na costa | 02 de abril de 2019

XXX Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros
XXX Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

“Trinta” anos de Semana Cultural no IES Fontexería

A dirección do IES Plurilíngüe Fontexería vén de presentar o programa da súa XXX Semana Cultural. Baixo o lema "Trinta", do 8 ao 12 de abril, o alumnado e toda a comunidade educativa, poderá disfrutar de actividades de primeira categoría, gracias á implicación do profesorado, alumnado, ANPA así como das empresas Hnos. Fiúza, Autos Comparado e Casal Cotón.

Entre as actividades, haberá citas tan variadas como a celebración do Día da Ciencia na que o alunado de 1º de Bacharelato presentará ao resto do alunado duas dúcias de experimentos científicos. A esta actvidade estará convidado o alunado do IES As Ínsuas e do CEIP Ramón de Artaza.

Ademais, haberá obradoiros de Cerámica, Viveirismo, Deporte inclusivo, Tóxicos no fogar e Reutilización de resíduos, en colaboración con ADISBIRMUR e ADEGA. Tamén haberá diversos obradoiros de Igualdade, en colaboración co CEIP Ramón de Artaza, educación afectivo-sexual, seguridade en internet, xornalismo na escola, regueifa, edición de video…

En clave cinematográfica o alumnado poderá ver a galardonada curtametraxe "Matria", e falar ademais co seu director Álvaro Gago.

Non faltará o teatro (coa representación da obra teatral "Golpes”), nin as conferencias (como a de Djibil Fayé (Ecos do Sur) sobre imigración) e debates (con varias palestras sobre diversas temáticas: Edición Xénica, Tecnoloxia, Toponímia, Acceso á Universidade; Fotografias do mundo, Economia circular…), nin os contacontos (en inglés, ademais, con Ben Miller; nin a maxia (co Mago Teto).

Ademais de exposicións, concertos e presentacións, tamén haberá un torneo de futbolín A Clausura farase cunha master-class e posterior actuación da intérprete Mounqup.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/trinta-anos-semana-cultural-ies-fontexeria/20190402135216108272.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA