Mércores. 13.11.2019
El tiempo

O Fontexería vive inmerso nunha Semana de variedade cultural

O Fontexería vive inmerso nunha Semana de variedade cultural
Candido Pazo na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros Candido Pazó estivo na Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Inmersos no ecuador da XXIX Semana Cultural atópanse todos os membros da famiia do IES Fontexeria de Muros. Unha Semana chea de obradoiros impartidos por diversas persoas e entidades (ADEGA, Ponte nas Ondas, ADISBISMUR ...), representacións teatrais (CÁNDIDO PAZÓ coa obra As Memorias, compañia Galeatro coa obra De leria con Castelao), espectáculos con Aldaolado e o Mago Teto, sesións de irish dancing, xogos de mesa e escapismo, sesións de igualdade e convivéncia, diversas palestras (programa A Ponte á USC, Manuel Lara da Asociación Buxa), obradoiros de capoeira, educación afectivo-sexual, exposicións…

Hoxe martes contaron,gracias á colaboración do Concello de Muros e co alumnado do IES As Insuas, coa presenza dun dos grandes da escena galega. Cándido Pazó troux o a obra "As memorias", arredor da obra de Neira Vilas.

Ademais teñen hoxe unha palestra do programa A Ponte da USC, titulada "Para que serve a economia", a cargo de Xoán Antón Rodríguez, profesor da Faculdade de Economia da USC. O mércores continuará a Semana con outra representación do grupo Galeatro, que representará a obra "De leria con Castelao", un obradoiro de Anatomia con Issac Fuentes, a presentación do libro "22 segundos" con Eva Mejuto e outra palestra a cargo de Manuel Lara, profesor da Escola de Enxeñaria de Ferrol e membro da Asociación Buxa, que falará do "Património industrial da bisbarra de Muros”.

Non parará o completo programa ata o venres.

Semana Cultural do IES Fontexeri de Muros 2018

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios