Imprimir

U-la Asociación de Clubs do Fútbol da Costa?

que pasa na costa | 31 de maio de 2017

Reunion das Asociacions de Clubs na FGF 1 Reunion das Asociacions de Clubs na FGF

A AFAC de A Coruña, AFACO e AFAFE de Ferrol, AFALU de Lugo, AFAVI de Vigo, AFOUR de Ourense, AFASEC de Santiago e a Asociación das Mariñas de A Coruña. Estas foron as asociacións de clubs que foron recibidas, por primeira vez, pola Federación Galega de Fútbol a pasada semana. Non, como vedes, o Fútbol da Costa segue sen estar representado na FGG unha vez que a Asociación pantasma creada no seu día non está nin recoñecida como tal.

O presidente da FGF, Rafael Louzán, acompañado polo vicepresidente Gustavo Falqué, do secretario xeral Diego Batalla e do directivo Amancio Varela, informáronlle aos dirixentes da actualidade federativa en materia de infraestructuras, mutualidade ou competición, así como escoitaron as súas demandas. Pero non estaban as demandas do noso fútbol.

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/u-la-asociacion-de-clubs-do-futbol-da-costa/20170531063050084593.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia