Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un percebeiro cae ao mar en Fisterra e aparece un corpo en Caión

Un percebeiro cae ao mar en Fisterra e aparece un corpo en Caión
O Salvamar MirFak recuperou o corpo aparecido esta mana a tres millas de Caion O Salvamar MirFak recuperou o corpo aparecido esta mañá a tres millas de Caión Tráxica mañá nas augas da Costa da Morte. Por unha parte, segundo informan dende Salvamento Marítimo, ás 09:35 horas de hoxe un pesqueiro - o Concepción Madre - informou sobre o avistamento dun corpo frotando en avanzado estado de descomposición a tres millas de Caión. Ata alí desprazouse a "Salvamar MirFak" para recuperar o corpo e trasladalo ao porto de Oza, na Coruña. Neste momento, están a realizar a autopsia do corpo que todo indica que pode ser o pescador desaparecido a mediados de marzo en Malpica. Percebeiro en Fisterra Tamén esta mañá, caía ao mar un percebeiro na contorna de punta Arnela, en Fisterra. Ao parecer, estaba acompañado da súa muller, que foi quen chamou ao 112 arredor das 10:30 horas. A partir de aí, púsoxe en marcha un dispositivo no que participaron os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Fisterra, que sacaron da auga o corpo sen vida do percebeiro. No dispositivo de búsqueda tamén participou o helicóptero do Helimer, unha embarcación auxiliar do Don Inda. Novas relacionadas Fonte

Comentarios