Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vieiro ofrece aos centros de ensino a conformación de grupos para a Escola de Pais e Nais

ESCOLA PAIS VIEIRO.
Imaxe da Escola de Pais de Vieiro do ano pasado
Vieiro ofrece aos centros de ensino a conformación de grupos para a Escola de Pais e Nais

Sempre nos queixamos as familias que as criaturas chegan sen manual de instrucións. Para intentar paliar estas carencias, a Asociación Vieiro, na súa programación de Prevención no eido familiar, convoca un novo curso de Escola de Familias a través de todos os CEIPS e I.E.S. do municipio. Un curso para ofrecernos ferramentas para sermos, ademais de pais e nais, educadores.

Este programa poderano solicitar aquelas ANPAS ou centros educativos que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.

O curso será impartido por psicólogas e educadoras desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.

O curso traballa conceptos como comunicación, afecto, autoestima, xestión de emocións, promoción da responsabilidade, resolución de conflitos, disciplina postiva, etapas evolutivas, coeducación, sexialidade, adicións, técnicas de estudo, trastornos infanto-xuvenís…

A duración do curso será de 8 meses (de outubro a maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 18 de Outubro e farase na Asociación Vieiro chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a donde pertenezan.
Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Psicologas de Vieiro
Psicólogas de Vieiro que impartirán a Escola de Pais e Nais

Comentarios