Copa da Costa Xuvenil: Sufrindo ata a final
 
    14:00 03/05/16 
             Ponteceso e Camariñas protagonizaron unha fermosa semifinal da Copa da Costa Xuvenil-Foto-SD

 A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Sufriron, e moito, Xallas e Ponteceso, para desfacerse de Fisterra e Camariñas e prantarse na final da IX Copa da Costa Xuvenil 2016. Os xalleiros necesitaron a prórroga mentres os pontecesáns se viron costa abaixo durante moitos minutos.
O sábado 7 de maio ás 19:00h, a finalísima, no Campo de Xaviña, en Buño. Sabedes que os resultados os tedes nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.

Volta das Semifinais da Copa da Costa Xuvenil
Xallas - Fisterra (3-1)
- Xallas: Koke, Xoel (Samu), Cristian, Rubén, Peke (Grille), Juanjo (Parri), Rachón, Thiago (Fran), Anxo, Santi Díaz (Guillín) e Sergio Barbeira.
- Fisterra: Aarón, Papin (Juanfran), Andrés, Fabián, César, Anchoa, Ezequiel, Pichino, Asier (Gonzalo), Breixo (Xosé) e Dani (Isaac).
- Goles: 0-1, m.23: Breixo; 1-1, m.35: Santi Díaz de falta; 2-1, m.80: Rachón dun zurdazo; 3-1, m.100: Sergio Barbeira de cabeza a centro de Samuel.
Ponteceso - Camariñas (2-2)
 O Ponteceso XUvenil na final da Copa da Costa 2016-Foto-SD

- Camariñas: Abel, Gabriel, Pablo Mouzo, Pifo, Pablo Suarez, David, Chicote, Joseva (Facundo, m.35.), Brandon, Álvaro e Adrián.
 O Camariñas xuvenil pelexou ata o final-Foto-SD

- Ponteceso: Damián, Adrián (Aarón), Ismail, Jorge, Villar, Luca, Yago, Cacha (Loureiro), Eloy (Busto), Aday (Gabry) e Jose (Minichema).
- Goles: 1-0, m.10: Eloy; 1-1, m.20: Álvaro; 1-2, m.35: Adrián; 2-2, m.81: Eloy.
- Expulsión: o camariñán David por doble cartón no m.50, e o pontecesán Yago (m.85).
 De poder a poder
Moito mérito ten este final de campaña dun Camariñas que chegaba ao Pinguel con apenas 12 xogadores e cun 1-3 en contra que daba poucas esperanzas. Pero ao igual que na ida, onde unha expulsión tempraneira marcou o devir do partido, a perda de David ao comezo da segunda metade mermou o potencial camariñán.
Remontara o gol tempraneiro de Eloy o Camariñas, facendo o máis difícil, e colocándose 1-2 ao descanso. Pero á volta do descanso quedaba con 10 o cadro viistante, e a pesar de ir arriba, e pelexar cada balón buscando empatar a eliminatoria, no treito final, Eloy conseguía marcar e finiquitar esta igualada eliminatoria.

Crónicas da Copa da Costa Xuvenil
- Ida das Semis: O Fisterra tamén quere samba.
- Volta dos Cuartos: Sen sorpresas.
- Ida dos Cuartos: 4 equipos meten o pé nas semis.
- Volta dos Oitavos: Copa da Costa Xuvenil: Unhas tanto e outras tan pouco.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).