![kamikace-autovia-costa-da-morte]()
A conductora - que foi detida na peaxe de Carballo - circulou uns 30 quilómetros en sentido contrario. Imaxe: CRTVG
Axentes da Garda Civil detiveron esta mañá a unha muller - ao parecer, veciña de Cee - por un delito contra a seguridade víal despois de percorrer uns 30 quilómetros pola autovía da Costa da Morte en sentido contrario.
Ás 11:24 horas, un particular daba a voz de alarma aos servizos de emerxencias informando de que a conductora entrara no carril equivocado - dirección Carballo - á altura de Baio. Segundo informa a CRTVG, un axente da Garda Civil que estaba fóra de servizo foi o que detectou á "kamikace" que - ao parecer - deu unhas declaracións confusas. A muller foi interceptada na peaxe de Carballo onde a benemérita lle inmobilizou o coche que conducía; un Opel Corsa.
Non houbo que lamentar danos materiais nin persoais a pesar do tráfico que circulaba pola autovía a esas horas do día.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112
- CRTVG