Do campión do Playoff de FS de Cee ás Copas de Malpica, MZ e Ponteceso
Facemos un repaso ás Ligas de FS da Costa da Morte que afrontan estes días a súa recta final. Imos de Cee, ata Malpica, pasando por Mazaricos e Ponteceso.
Festa do FS en Cee
O Máis Deporte - O Xardín campión do Playoff de FS de Cee-Foto-JP
O Pavillón de Cee acollía este pasado sábado a Festa do FS cos partidos oficiais do Fisober e do Vila de Cee masculino, ademais da Final do Playoff da Liga de FS Costa da Morte de Cee. O Máis Deporte-O Xardín, como campións de Liga, esperaban rival. Eran finalmente o Estrella Roja, cheo de vellas glorias, o que se enfrontaba na finalísima, tras superar, a pesar de ser equipo da 2ª División, a equipos como A Cantina, e Clínica Sar. Pero non puideron e os campións ligueiros venceron pola mínima (2-1; Diego Cespón e Javi Marrocos para o MaisDeporte e Fran Pioto para o Estrell Roja) convertíndose en bicampións.
O Estrella Roja -Foto-JP
Cómpre sinalar o nivelazo da xornada, pois puidemos ver xogadores de gran nivel. Todos agradecen o traballo da Asociación San Cristobal e concretamente dos Marios e o Nejro.
Ademais, hai que sinalar ao pichichi do playoff, Marroco (xogador tamén do equipo ceense da Liga Provincial) que cedeu o seu premio ao porteiro do Estrella Roja, Perro Viejo.
Futbolistas como Piquero, Jemisa, Perro Viejo, Aitor, Juan oBello, Fran Pioto ou Diego Cespón dan conta do nivel da Liga de FS de Cee-Fotos-JP
A Copa de Malpica
Co Prisma-Illa-JB campión dende hai varias xornadas, xa estamos na Copa en Malpica, e xa se xogaron os partidos de ida dos Cuartos. Lembren, os Cuartos son a doble partido, pero semifinais e final serán a enfrontamento directo. Así está o cadro, só co Bar Avenida cun pé nas semis, e a volta será o sábado 23 de abril:
| 6-0 | Bar Avenida - Bar O Cruce | 17:00h |
| 4-2 | Buceo Malpica - Sporting FS | 16:00h |
| 3-3 | Pub Leño - Prisma-Illa-JB | 19:00h |
| 4-3 | Seaia - San Francisco | 18:00h |
Copa en Ponteceso
Despois de que os Ágora/Capelán e Beres.Apligasa se proclamasen campións de Liga, xa temos o cadro da Copa de FS de Ponteceso-Corme.
Teremos nova liguiña con dous grupos (C e D), e os 4 primeiros formarán as semis. Este sábado dispútase a 1ª xornada desta Copa:
| Carp. Cerdeiro - Beres.Apligasa | 15:30h |
| Cruceiro Bacenillas - Os Aldeáns | 16:20h |
| T. Cotelo - Fao Roncudo | 17:10h |
| Pub A Vieira - Sisganor | 18:00h |
| Bar O Cruceiro - Ágora/Capelán | 18:50h |
| Bra Madison - Royale TYM | 19:30h |
- Descansan Pizzería Reggio (Gr.C) e Bar Secundino (Gr.D).
Recta final en Mazaricos
Aínda non remataron a Liga mazaricá, e xa temos cadro da Copa. Pero aínda temos que coñecer ao campión ligueiro, pois faltan 2 xornadas de infarto. Ou eso esperan, pois esta pasada fin de semana Pescalo e Deluxe non se presentaron, polo que se lle deron por gañados os seus partidos a Alborada e Gorrion's por 3-0. O líder, os Gorrións, saca 2 puntos ao Alborada, como dicimos a falta de 2 xornadas.
O pichichi, a día de hoxe, é Molinos, do líder, con 24 goles, polos 17 de Fran Atán, do Avespa, e os 16 de Álvaro (Deluxe) e Rafa Lavandeira (Corvinho).
Cadro da Copa de FS Mazaricos
Máis novas do FS
- 19-04-16: FSF: Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- 14-04-16: Malpica, Mazaricos e Cee afrontan a recta final das súas Ligas de FS.
- 10-04-16: O Ágora/Capelán e o Beres.Apligasa, campións das Ligas de FS de Corme-Ponteceso.
- 04-03-16: Repaso ao estado das Ligas de FS da Costa da Morte.
- Os Gorrións seguen voando moi alto na Liga de FS de Mazaricos.
- O Máis Deporte, novo Campión da Liga de Fútbol Sala de Cee.
- O Pazo e Brasería Carballo vencen as Ligas carballesas.
- O Beba faise co vivido Campionato Interparroquial de Mazaricos.
- Cervecería Ágora e Os Aldeáns, campións de inverno da Liga de FS de Corme-Ponteceso.
- O Happy Day e o Sisnagor lideran as Ligas de FS de Corme-Ponteceso.
- Os Gorrión’s escapan na Liga de FS de Mazaricos.
- Os sábados son días de Fútbol Sala en Mazaricos e Malpica.
- Os favoritos toman o mando nas Ligas de FS de Cee.
- As Ligas de FS de Carballo, xa en QPC.
As táboas en www.futboldacosta.com
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – 1ª División.
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme – 2ª División.
- Liga de FS de Mazaricos.
- Liga de FS de Malpica.
- Liga de FS de Cee – 1ª División.
- Liga de FS de Cee – 2ª División.
- Liga de FS Carballo – AD Carballo.
- Liga de FS Carballo – Concello Carballo.
- Liga de FS Carballo – donClic.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).