Era visto que o Entroido de Dumbría vai romper marcas


Se o sábado será a cita do Entroido en Fisterra, o domingo toca a xa obrigada parada en Dumbría. Cada ano mellora a participación e este 2016 vai romper todas as marcas.
Xa son 10 as comparsas que subirán ao escenario o domingo 7 de febreiro. A comparsa de Buxantes, a gran favorita, deixa de ir ao entroido fisterrán unha vez que pasan o Concurso ao sábado, xa que a presentación ten que ser en Dumbría. E todos trememos xa esperando a que están armando Ferrío e compañía.

Competirán polos premios coa local, dúas comparsas fisterrás, dúas de Baíñas, e unha de Lires, Camariñas, Camelle, Gures, e mesmo de Oleiros. E aínda está o prazo de inscrición aberto, puidéndose anotar no 981 74 40 01 antes das 15h do xoves 4 de febreiro.
A velada será completa, dirixida polo máquina de Federico Pérez. Era visto que o Entroido de Dumbría vai ser todo un éxito.
Máis novas
- Entroido Dumbría 2015: Un entroido de Circo en Dumbría.
- Entroido Dumbría 2014: O Entroido de Dumbría apostou pola risa.
- Entroido Dumbría 2013: : As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).