Europa dá un paso na protección do xeito


As cousas do Palacio (de Europa) van despazo. Dende 2014 leva o sector demandando un ha protección ao sector do xeito no Parlamento Europeo. Un sector comprometido que leva anos esixindo unha política de protección por parte das institucións europeas, e solicitando unha maior cota de sardiña.
Este pasado venres, os 28 estados acordaron protexer as artes de Pesca artesanal como o xeito, retirando a proposta de prohibición das redes de deriva desta arte. Unha proposta que ameazaba a súa supervivencia.
Uns dos que defenderon esta proposta no P.E. foron os responsables do BNG, que precisamente consideran un “éxito” a medida. A voceira Ana Miranda lembra que “o BNG alertou dos problemas da prohibición das redes de deriva de artes de pesca artesanal” que afectaban a máis de 427 embarcacións galegas e diversas comarcas costeiras.
Miranda critica o “desleixo dos gobernos galego e español”.
Novas relacionadas
- Agosto 2016: O BNG considera ridícula a cota de 30 kg/tripulante/día que Rosa Quintana lle outorga ao xeito.
- Maio 2016: A Pesca artesanal volve ás rúas contra o arrastre.
- Outubro 2014: Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito:
- Setembro 2014: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.