Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

36ª Festa da Carballeira de Zas 2019

02/ago./2019 a 03/ago./2019
18:00 h a 23:59 h
Carballeira de Velar
Cartel-Festival-Carballeira-Zas-2019
36ª Festa da Carballeira de Zas 2019

Xa está aquí a 36ª Festa da Carballeira de Zas. Xa podedes ir reservando a fin de semana de 2 e 3 de agosto, e facervos co voso abono en www.festadacarballeira.com, porque a cousa vén espectacular. Un evento marcado no calendario de milleiros de persoas da Costa da Morte, que serve ademais de perfecto escaparate da Costa da Morte e da música galega contemporánea.

Así o refrendan as 5.000 entradas vendidas do ano pasado, ás que hai que unir todos menores de 14 anos e maiores de 60 anos que este ano tampouco pagan por entrar, ademais das dúas invitacións que o Concello de Zas entrega en cada casa do seu termo municipal, para facer que sexa unha festa de todos os veciños.

Unha festa que este ano vén máis galega, medioambiental e solidaria que nunca.
Galega porque a cabeza de cartel chámase Susana Seivane, pero tamén porque tocarán DakídarríaOs FarraposMonoulious Dop, as TanxugueirasBaiuca ou as reguefeiras Lupe Blanco e Alba María.
Medioambiental porque o festival segue apostando por eses vasos reutilizables.
Solidaria porque 1 euro de cada abono que se recaude nas compras online irán destinados a colaborar coa Asociación Íntegro, radicada en Cabana.

Un festival que xa é un dos grandes referentes musicais do folk internacional, como recoñecía o propio alcalde Lolo Muíño na presentación realizada esta mañá na Estrella Galicia da Coruña. Así o refrendan bandas como os escoceses Tide Lines ou os vascos Korrontzi. Pero ademais este ano hai un pouco de todo, co ska de Dakídarría; a festa que fai a banda formada por música bretóns e escoceses Celtic Social Club; ou a electrónica de Baiuca, “unha das bandas que mellor consegue evolucionar a música tradicional galega para exportar”, como resaltou Víctor Mantiñán, da Estrella Galicia.

O festival, que conta cun orzamento supera os 125.000€, gracias entre outros á Estrella, ao Concello e á Deputación da Coruña, que seegue apoiando grandes festivais en vilas pequenas (como Fisterra, Ortigueira…), terá ademais zona de gastronomía, artesanía, mercado…

Cartel-Festival-Carballeira-Zas-2019

Comentarios