Evento
Andaina Costa da Morte por Vimianzo
04/xuño/2016 a 04/xuño/2016
10:00 h a 10:00 h
13:12 01/04/16

As datas da 4ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte

- 04 de xuño Vimianzo: Pola ribeira do Río Grande (lineal).
- 11 de xuño Mazaricos: Subida ao Monte Aro (circular).
- 18 de xuño Ponteceso: Río Anllóns, montes e pazos (lineal).
Inscrición
Para participar no programa, debese formalizar a inscrición no Concello de cada un e no caso de non pertencer a ningún dos Concellos organizadores, podese formalizar en calquera deles. A inscrición é gratuita. Poderán participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais ou titores deberán asinar unha autorización. O prazo de inscrición remata o xoves previo á realización da actividade, e non se admitirán inscricións pasado este prazo. Cada Concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta o punto de partida da ruta.Novas relacionadas
- Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes.
- 2015: Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- 2014: Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).