venres. 23.05.2025
El tiempo

Vendaval mantivo un encontro co alcalde de Carnota sobre a balsa da Ruña

Reunión Vendaval con Moma alcalde carnota
Vendaval mantivo un encontro co alcalde de Carnota sobre a balsa da Ruña

Continúa a serie de visitas insitucionais da Plataforma Vendaval, para informar e pulsar o coñecemento que teñen os principais mandatarios dos concellos que se poden ver afectados pola construción da estación reversible de bombeo da Ruña. A semana pasada, tres membros da entidade acodiron ao encontro con Juan Manuel Saborido "Moma", alcalde de Carnota.

Durante a reunión, o representante municipa informou de que mantivera recentemente unha xuntanza con empregados da empresa Espina, na que tamén realizaron unha visita ao punto de captación da auga que subministra ao Concello de Carnota.

Durante esa visita, puido comprobar que a auga que chega ás vivendas de Carnota é limpa e cristalina, sen sinais de contaminación, a diferenza da auga que abastece á Mancomunidade de Fisterra, que procede do río Xallas e que recibe numerosos vertidos.

Desde a empresa Espina informaron ao alcalde que, no caso de detectarse algún problema na captación actual, a alternativa sería tomar auga a uns 100 metros do punto actual, onde tampouco estaría contaminada.

O principal motivo de preocupación exposto polos membros de Vendaval, e trasladado ao alcalde, é que a construción dunha ou varias balsas no Monte da Ruña implicaría a escavación dun túnel, o cal podería afectar significativamente o curso do río Arcos. Existe o risco de que este se desvíe ou mesmo chegue a desaparecer, segundo a entidade.

Os representantes de Vendaval valoraron moi positivamente a conversa con Moma e coincidiron na importancia de manter tamén diálogo coa empresa Espina, ademais de con outros organismos públicos.

Máis novas

Comentarios