Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Festa da Carballeira de Baio 2019

30/xuño/2019
14:00 h
Carballeira de Baio
Festa Carballeira Baio 2019
Festa da Carballeira de Baio 2019

A Carballeira de Baio xa está preparada para encherse o próximo domingo, 30 de xuño, de merendas e de música. Será cunha nova edición da Festa da Carballeira que xa vai pola 39 e que ano tras ano se converte nun punto de encontro interxeracional no que a diversión está asegurada.

A festa comeza cunha sesión vermú que amenizarán o grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro e o dúo D`Festa. Pero a troula non cesará durante todo o día, así despois de repoñer forzas co xantar será a charanga Santa Compaña a que anime a sobremesa por cada unha das merendas xunto cunha foliada aberta a todos e a todas e organizada pola Asociación Cultural Adro. E xa a partir das 20:00 horas actuarán o dúo D`Festa e o dúo Charada que animarán a festa ata ben entrada a noitiña.

A organización da Festa da Carballeira de Baio corre a cargo do Concello de Zas que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio. Co fin de preservar a carballeira e a súa contorna e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas nin equipos musicais.

Por outra banda, xa se poden adquirir as camisetas da Festa da Carballeira deseñadas para a ocasión por Adrián Varela. As camisetas están á venda ao longo de toda a semana no Bar Cruce, na Cervecería Río Grande e no Bar Trébol. O prezo é de 7€ e tamén está dispoñible un pack composto por camiseta, pañoleta e mochila por 10€. A venta do material corre a cargo da Comisión de Festas de Baio.

Comentarios