Evento
A cultura ceense en vivo

Como previa ás Festas da Xunqueira, o programa de Verán Cultural do Concello de Cee mantén o pulso ben activo.
Esta semana, do luns 5 ó xoves 8: A cultura ceense en vivo son os grupos da casa os que actúan no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura
Luns 5. Praza da Constitución, desde as 21.30 horas
De palabras e imaxes, micro-festival con presentación de libros a cargo de Laura Suárez (ilustradora),e Suso Bahamonde (poeta). As 22.00 horas, recital poético e a continuación actuación do grupo Inversos. Remataremos cunha proxección sobre a fachada do Museo Fernando Blanco.
Martes 6. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas
Actuacións de: Grupo de gaitas Airiños de Brens, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.
Mércores 7. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas
Actuacións de: Coral do Centro Social, Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.
Xoves 8. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas
Actuacións de: grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures, Escola de Danza Breogan da S.D.C. de Brens Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba e grupo Mestura Folk de Brens.