sábado. 02.08.2025
El tiempo

As Receitas Estrela: O arroz con lumbrigante do Dársena

Seguimos percorrendo o sur da comarca na sección As Receitas Estrela que cada venres nos trae Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Hoxe facemos parada en Esteiro.

O Arroz con lumbrigante do Arton de Esteiro
As Receitas Estrela: O arroz con lumbrigante do Dársena

Despois de regresar coa familia da emigración en Suiza, José decide abrir o Artón en Esteiro, un negocio de hostalaría que colleu fama polas pizzas a primeiros dos anos 90. Mantendo este aberto, diversifican actividade abrindo unha cafetería en pleno casco histórico de Muros, o Bahía. Nese momento compran a casa contigüa ao Bahía, pensando en dar un paso máis e abrir un restaurante. É aquí cando nace o actual Dársena, referente no Concello de Muros.

O negocio familiar amplíase cando compran o inmoble do antigo Bahía e amplían as instalacións da Marisquería Parrillada Dársena. 26 anos despois o negocio familiar segue sendo sinónimo de bo facer, onde a calidade do produto e o trato ao cliente non se negocia, coa segunda xeración ao fronte e moitos anos por diante.

O restaurante Arton de Esteiro

Receita do Arroz con lumbrigante do Artón

Ingredientes para 4 persoas:

  • Máis de 1 kg de lumbrigante.
  • 200 g de arroz
  • Media cabeza de allo.
  • 1/2 pemento vermello e verde.
  • Brandi.
  • Salsa de tomate.
  • Pimentón doce.

Preparación:

Corta a cabeza do lumbrigante e córtaa pola metade, saltéaa en aceite, engade un chorriño de brandy, auga e deixa que se coza. Fai un fondo de verduras finamente picadas e saltéaas co lubrigante restantes en rebandas, engade un pouco de pimentón doce, tres culleradas de salsa de tomate e o arroz. Saltéao todo e engade o caldo da cabeza do lubrigante. Deixa que se coza, pon a punto de sal e pon unha pitada de pementa negra.
Bon proveito!

Máis receitas Estrela

Comentarios