Venres. 29.03.2024
El tiempo

Evento

Concerto Habelas Hainas en Carballo

23/nov./2018 a 23/nov./2018
8:30 h a 6:00 h
Pazo da Cultura
Concerto Habelas Hainas en Carballo
Novembro con Musica de Carballo 2018novembro é un mes de música para o Concello de Carballo, e tamén para o concello de Cee. O programa carballés de Novembro con Música pon o foco na música carballesa, pois serán 17 as bandas que subirán aos escenarios durante o mes. Arrinca de feito, este venres, co festival pop-rock Live in Cances, e serán 17 días de música da casa. Un protagonismo para os grupos locais “para que poidan difundir o seu traballo e dalo a coñecer”. Haberá de todo, dende pop, rock, música tradicional, bandas e coros, jazz ou espectáculos musico-teatrais. Ademais, Novembro con Música inclúe unha exposición fotográfica, 15 visións, que poderá visitarse do 23 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura. Este mesmo espazo será sede, por segundo ano, da Residencia Artística Para_íso, impulsada polo Colectivo RPM co apoio da AGADIC, e que permitirá coñecer o proxecto Status, de Federico Vladimir Strate e Pablo Esbert. Coma novembro é tamén o mes do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o día 23 asistiremos ao concerto Habelas hainas, organizado pola Asociación Cultural Lumieira, e o 26 contaremos con A tropa de trapo co espectáculo teatral-musical Contamos todos, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) para o alumnado de 5º de Educación Primaria. Programa Novembro con Musica Carballo 2018
Comentarios