Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Concerto de Pauliña en Carballo

06/mar./2020
21:30 h
Casino1889
Paulina en Corcerto
Concerto de Pauliña en Carballo
Máis actividades no Casino 1889 de Carballo:
 
Venres 6 de marzo: Concerto da artista cambadesa Pauliña. Dona dunha voz potente e persoal, mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación da man de Xonix Records. Ás 21:30h. A entrada custa 5€ para persoas non socias e 4€ para socias. 
 
Sábado 7 de marzo: "Tecno y palabra. Tensión y músculo. Teatro y Cabaret Voltaire.", Dr. Spectro é o resultado do contraste afiado, a colisión incómoda. Cancións que nacen no estomago para golpear superficialidades rutinarias e bailar sobre elas en pozas de suor. O trío, que está axitando convencións musicais madurando un aire de beats contaxiosos, atmósferas envolventes e historias de persoas atrapadas na súa personaxe, pasará polo Casino. Dr. Spectro compartirá con nós o seu son no que cohabitan o post-punk, o burlesque, a música dance, o electro-pop e o downtempo, combinado cun fraseoentre o spoken word e o sarcasmo narrativo. Todo completado por suxerentes coros que replican. Un número musical, enerxético e electrizante para escoitar, pensar e bailar. Será ás 21:45h. Prezo: 5€ persoas non socias / 4.5€ socias.
Comentarios