domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Conferencia sobre o gótico mariñeiro en Laxe

29/dec./2017 a 29/dec./2017
7:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
Conferencia sobre o gótico mariñeiro en Laxe
A conferencia de Rodríguez Ennes inicialmente prevista para o sábado 9 de decembro, e cancelada por motivo de saúde do conferenciante, terá lugar finalmente o venres 29 de decembro ás 19.00 horas no Museo do Mar de Laxe. Luis Rodríguez Ennes, é un Catedrático Emérito de Dereito Romano estreitamente vencellado ó noso Concello. Ten escrito decenas de traballos científicos sobre diversos aspectos da Historia e o Dereito de Galicia. Nesta ocasión virá a impartir unha conferencia titulada “O Gótico Mariñeiro en Galicia: o caso da Igrexa Parroquial de Santa María da Atalaia de Laxe”. O público asistente a esta conferencia poderá ampliar coñecementos e curiosidades sobre aspectos arquitectónicos e históricos do GÓTICO MARIÑEIRO. Así mesmo, Ennes, fará unha especial mención á Igrexa Parroquial de Santa María da Atalaia. Con este acto péchase a programación do proxecto relaxese para este ano 2017.
Comentarios