Evento
Conversas no LuscoFusco
26/out./2018 a 26/out./2018
7:00 h a 6:00 h
Espazo de Natureza de Oza
12:51 16/10/18

Novo programa de outono da activa asociación Senda Nova. "Ás sete no Espazo" artellarase arredor do cine (“Xoves de filme”) e das charlas (“Conversas no Luscofusco”), sendo citas que se darán á devandita hora de xoves e venres, no Espazo da Natureza de Oza.
Semana do 22-28 de Outubro Filme (25 Out): “Doli doli doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo“. Producido por Uqui Permui. Duración: 1h. Acerca do papel das mulleres nas conserveiras e as súas condicións de traballo e dereitos laborais nunha das industrias máis características de Galicia e da nosa zona. Conversa no luscofusco (26 Out): “Recolleita e gardado de sementes” con Ramón Nogueira González. Acerca das metodoloxías para a conservación e uso das sementes na nosa horta. Todas as actividades deste programa son libres e de balde e realizaranse ás 19h da tarde no Espazo da Natureza de Oza (única limitación a capacidade do ENO) salvo a limpeza de praias que se levará a cabo en Baldaio con punto de quedada nas Saíñas.