Evento
Concerto de Jazz en Laxe
Canto lembran aquel auténtico Atalajazz que facía vibrar de música a vila de Laxe. Pois o jazz está de volta na vila laxeira. A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe quere apostar, no marco do Reláxese18, por unha primavera en clave científica e cultural. E aí é onde aparece o turismo cultural, para resaltar a cultura culinuaria (están en marcha estes días as Xornadas Con X de Peixe), a cultura histórico-fotográfica (coa recuperación do Fondo Fotográfico Vidal, e a música.
Así, “Os sons do Museo“ traerá varias noites de Jazz no Museo do Mar, dando máis vida a un fermoso espazo recuperado para a vida social. Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas. O público poderá desfrutar dende o 13 de abril ata o 22 de xuño, dun total de cinco concertos:
Venres 13 de abril : Valentín Caamaño Trío (Jazz Galego) Venres 27 de abril: Andrés Rivas Trío (Jazz Galego) Venres 18 de maio: Bueno Chico (Blues Rock) Venres 8 de xuño: Malasombra Jazz (Jazz Galego) Venres 22 de xuño: Acuña’s Quartet (Jazz)Valentín Caamaño Trío
O venres 13 de abril ás 21.30 horas no Museo do Mar de Laxe, terá lugar o primeiro concerto de jazz do programa “Os Sons do Museo”.
Valentín Caamaño Trío, mostrará e demostrará con sinxeleza e mestría, en oito cortes, que é capaz de traer o pasado ó presente, nunha viaxe sonora do máis pracenteira.
O espectáculo leva por título Green With Envy. Trátase dun proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ó gran guitarrista Grant Green. En dedicación á súa memoria, e sempre co blues como raíz e referencia, comprobaremos como Valentín é capaz de captar a esencia da música e interpretación de Green, pero a través da súa persoal forma de entendelas.
O concerto, de 1 h 15 min de duración aproximadamente, estará cargado de swing, hardbop, blues e incluso gospel, facendo un verdadeiro percorrido pola música tradicional norteamericana, sempre a través da mirada atrevida da música improvisada. Pero o concerto non se presenta coma unha formación casual. O trío, completado na batería con Andrés Rivas, e no contrabaixo con Juyma Estévez, ten decidida vocación de continuidade e de traballo, na difusión da figura do guitarrista de St. Louis.
Green With Envy editou o seu primeiro CD en febreiro do 2017 e recabou excelentes críticas a nivel nacional e internacional.
A entrada é libre, ata completar aforo.
Novas reacionadas
- 2012: O jazz costeiro invade a Atalaia de Laxe.
- 2009: Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009.
Novas relacionadas
- Laxe pon en valor a súa cultura culinaria coas Xornadas Con X de Peixe.
- “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe.
- A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
- O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese.
- 2011: Unha documental sobre os “Kaolines de Lage”.
- A ruta do Caolín de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).