![]()
A
asociación cultural Adro de Baio organiza a súa tradicional cea de entroido que terá lugar o sábado 25 de febreiro. A festa celebrarase no pavillón da vila e o menú será a base de cocido, filloas e orellas. O prezo é de 20€ para socios e 28€ para non socios. As entradas poden retirarse antes do día 20 no bar Trébol, no bar Hórreo, na parafarmacia Horizonte ou en Almary.
Despois da cea haberá
baile – amenizado polo dúo D’Festa – e un concurso de disfraces no que se repartirán
300€ en premios. O pavillón estará climatizado e haberá inchables para nenos adlemais dun menú infantil que costa 8€ para os socios e 10€ para os non socios.
O concello de Zas e a Deputación da Coruña colaboran na organización.