![]()
O vindeiro sábado, 17 de febreiro, terá lugar o desfile e concurso de comparsas do Concello de Cee.
Como xa podedes ver na web, 9 comparsas serán as que participen nesta edición do entroido ceense con casi 500 participantes que percorrerán as rúas de Cee mostrando os seus traxes para, máis tarde, facer a súa actuación no Polideportivo Municipal.
Nesta ocasión, o concurso será presentado por Roberto Traba Velay acompañado de Marina Calo Bujeiro. O membros do xurado serán 4 persoas vinculadas a Cee cunha ampla traxectoria no mundo cultural e artístico.