martes. 29.07.2025
El tiempo

O TSXG suspende cautelarmente a autorización do parque eólico Monte Neme

Vistas dende o Monte Neme-Foto-Casa de Laxe
Vistas dende o Monte Neme-Foto-Casa de Laxe
O TSXG suspende cautelarmente a autorización do parque eólico Monte Neme

Novo pau xudicial ao esaxerado Plan Eólico do goberno galego. Desta volta, e como consecuencia do recurso de reposición promovido polo Concello de Carballo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de adoptar a medida cautelar de suspensión da resolución pola que se outorgaba autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Monte Neme, promovido por Enel Green Power España, S.L.

O Concello de Carballo argumentou a súa oposición ao proxecto en varios aspectos, entre eles a vulneración dos dereitos de participación da cidadanía, xa que no trámite de información pública non tivo acceso aos informes sectoriais das Administracións competentes e, polo tanto, non puido facer alegacións ao respecto.

Ademais, considérase que a avaliación ambiental do proxecto foi insuficiente, unha afirmación sustentada no informe elaborado por dous técnicos, que conclúen que o proxecto afecta á avifauna, a hábitats higrófilos, á Rede Natura 2000 e que contradí as determinacións da zonificación ambiental do MITECO.

Tanto a Xunta de Galicia coma a empresa Enel Power España, S.L., opuxéronse á medida cautelar solicitada polo Concello de Carballo, pero os seus argumentos foron rexeitados polo TSXG, que, sen embargo, valida os argumentos municipais.

No auto do 14 de xullo de 2025, o Tribunal considera que o informe pericial achegado polo Concello de Carballo “aporta indicios sólidos de daños irreversibles o de difícil reparación en el medio ambiente, porque la DIA (Declaración de Impacto Ambiental), o bien no ha previsto medidas preventivas, correctoras o compensatorias, o bien, las previstas son insuficientes en relación a determinados elementos del medio natural”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia alude a un “déficit en la DIA” que “es suficiente para adoptar la medida cautelar, porque desde luego, a priori, consta ya una falta de previsión sobre los impactos negativos en la avifauna, se va actuando, dicho de alguna forma, y con el mayor de los respetos posibles, sobre la marcha, lo que denota, que, en el mejor de los casos o escenarios imaginables, entre que se adoptan y no medioambiental las medidas irreversible de o conservación, el daño de difícil reparación (recordemos que muchas de las especies son vulnerables o están en peligro de extinción), ya se ha visibilizado o se ha hecho patente, lo que hay que tratar de evitar”.

O goberno municipal expresou a súa satisfacción pola suspensión cautelar do proxecto eólico do Monte Neme, un espazo de gran valor medioambiental, turístico, histórico e cultural. Nese sentido, quixo deixar claro que o Concello de Carballo non se opón á enerxía eólica, xa que debemos apostar por fontes de enerxía renovables, pero non a calquera prezo nin en calquera lugar. 

Máis novas

Comentarios