Evento
ExpoPeques en Camariñas
Despois do éxito acadado o ano pasado, os organizadores do showroom para a organización de bautizos e comunións ExpoPeques están rematando de planificar a novidosa edición deste ano 2018. O evento terá lugar este sábado e domingo no Restaurante A Marina de Camariñas.
A presente edición de Expopeques voltarán a darse cita un número importante de proveedores de servizos que mostrarán as últimas tendencias na organización de comunións e bautizos. Entre todas as empresas participantes detacar aos que se estrenan nesta edición como son a participación do exitoso DJ Rubén Plaza que fará demostracións durante as dúas xornadas que dura este Expopeques 2018. Tamén destacar a participación nesta edición dunha especialista en tocados para aconsellar aos asistentes sobre a nova línea que se está a abrir paso no sector dos complementos.
Inauguración e desfiles de moda
A inauguración de ExpoPeques 2018 será celebrada este sábado 24 de febreiro a partires das 17:30 horas na que está previsto se celebre o primeiro desfile de traxes de comunión tanto masculino coma feminino así como as primeiras demostracións de animación musical.
Outra das novidades destacadas nesta edición de ExpoPeques será a potenciación dos desfiñes de moda coa participación da deseñadora Lorena Manceñido Recarey, propietaria da academia de confección “13 Razones”, que amosará algunhas das súas creacións máis novidosas para esta campaña de comunións 2018.
O domingo será a xornada onde se celebren os dous desfiles que están programados e onde se mostrarán dende as últimas tendencias ata os estilos máis clásicos de traxes de comunión tanto femininos como masculinos.
Workshops e charlas para os asitentes
Outra das novidades que se deseñaron para innovar un pouco máis nesta edición foi a inclusión de charlas que impartirán diversos proveedores que paricipan no showroom. A intención destas charlas é a de orientar aos asistentes na organización dos seus eventos.
A organización quere invitar a todos os pais e nais da Costa da Morte a que visiten esta edición 2018 de ExpoPeques.