Evento
Feira do Libro de Poesía de Malpica
02/xuño/2018 a 02/xuño/2018
11:00 h a 9:30 h
13:31 30/05/18
A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, xa ten todo listo para a I Feira do Libro de Poesía “Paco Souto”, que se celebrará do 1 de 3 de xuño no Mercado Municipal.
Un xeito de promocionar a poesía en galego, e ademais trata de dinamizar o Mercado Municipal e “darlle un pulo”, ademais de involucrar á hostalaría, porque “se a xente non vai á poesía, a poesía ten que ir á xente”, engadiu Paco de Tano, presidente da Caldeirón. Ademais, é un xeito inmellorable de lembrar a Paco Souto.
Non faltarán xentes como Eduardo Estévez, Marta da Costa, Xurxo Souto, Rosalía Fernández Rial, Carlos Lourenzo ou Ricardo Seixo, e artistas plásticos e a entidades e persoeiros locais coma a Asociación Cultural Malante ou Andrés Mourente. “En Malpica poderiamos ser todos poetas, porque Malpica é unha poesía en si. Polo tanto, é normal facer unha feira da poesía e seguir facendo marca Malpica”, asegurou Paco de Tano.
13 anos do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas</2>
Máis que consolidado está este certame de poesía erótica malpicán, único en Galicia. O prazo de participación no Certame de Poesía Erótica está aberto ata o 30 de setembro, e hai 1000€ en premio ademais da publicación da obra gañadora. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, en novembro, e na que tamén se fará a presentación pública da obra gañadora na pasada edición.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).