Evento
Festiletras
20/maio/2018 a 20/maio/2018
11:00 h a 6:00 h
Fundación Eduardo Pondal
12:00 07/05/18
Chega unha nova edición, a 36ª, da máis gran festa das Letras Galegas de todo o país. A pequena aldea do Couto convertirase no meirande fervedoiro cultural de Galicia entre os días 16 e 20 de maio. 5 días, menos que os pasados anos, pero cheos de personalidades e de actividades para todos os públicos.
Teremos un día adicado á internet, outro á ciencia e como non, outro ás Aldeas singulares, con ese encontro que fai da aldea pontecesá o foco de recuperación da vida no rural.
Tanxugueiras, Sés, e Terbutalina son os nomes musicais que máis soan, pero ademais estarán xentes como o científico baiés Jorge Mira, as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, Xurxo Souto, Xabi Solano…
Bos e Xenerosos
Este 2018 os escollidos para recibir o galardón dos Bos e Xenerosos son a escritora Marilar Alexandre, o debuxante Xaquín Marín, o artista da escena Quico Cadaval e a cantante Sés.
A entrega servirá, coma sempre, para abrir o programa, o mércores 16 de maio a partir das 21:00h.
Programa completo Festiletras 2018
Novas relacionadas
- 2017: A Deputación recoñece o Festiletras como a gran festa das letras en toda Galicia.
- 2017: Todos os días son o Día das Letras Galegas.
- 2017: Emotivo arranque do Festiletras coa entrega dos premios Bos e Xenerosos
- Abril 2017: 35 actos para o 35 aniversario do Festiletras.
- Festiletras 2016: A familia das Letras Galegas vive no Couto.
- Festiletras 2016: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras.
- Festiletras 2016: Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016.
- Festiletras 2015: Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- Festiletras 2015: Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP 2015
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2014: Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
Máis novas
Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)