![]()
Como cada ano por estas datas, a Asociación de Irmanamento de Carballo con L'Isle Jourdain celebra este martes 19, ás 20h30, o seu "V Festival de Varietés".
Será unha vez máis no Pazo da Cultura de Carballo e este ano conta novamente coa participación de escolares do centro Artai, dos IES Isidro Parga Pondal e Monte Neme, do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e, como novidade, nesta ocasión súmase tamén o centro Aspaber.