Rafa Vilar gaña o premio Realia de Tradución Literaria

12:55 31/07/25
O ceense Rafa Vilar (1968) vén de gañar o V Premio Realia de Tradución Literaria. O galardón, de periodicidade bienal, organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, trata de recoñecer traducións inéditas á lingua galega de obras narrativas, circunscritas ao xénero da novela e da novela curta.
Xa o levou o carballés Alfonso Blanco Quintela en 2021, e agora vén para Cee gracias á tradución de “A Tolemia”. Unha obra de Narcís Oller publicada orixinalmente en 1899.
O xurado conformado por Monsterrat Paz Núñez, Silvia Pérez Tato, e Isabel Soto López, así como Alejandro Tobar Salazar (como secretario), decidiu por unanimidade.