venres. 01.08.2025
El tiempo

A rehabilitación do Teleclub de Buño, o principal proxecto non produtivo aprobado polo GDR Costa da Morte

Teleclub-Centro Sociocultural de Buno
Teleclub de Buño
A rehabilitación do Teleclub de Buño, o principal proxecto non produtivo aprobado polo GDR Costa da Morte

A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte - GDR, presidida por Manuel Muíño, na sesión celebrada o 30 de xullo de 2025, revisou as solicitudes de axuda presentadas na convocatoria 2025-2026 ao abeiro do Programa Leader PEPAC 2023-2027 e tomou, entre outros, varios acordos.

Ademais de 112.000€ para proxectos non produtivos propostos por varios Concellos, o único proxecto non produtivo privado é o acondicionamento de local do teleclub de Buño como centro de inclusión para combater a soidade non desexada no medio rural, proposto pola Asociación Cultural Progreso. 

Os proxectos produtivos están en proceso de revisión. 

1.-Proposta de Aprobación dos Proxectos Non Produtivos Públicos seleccionados:

TÍTULO DO PROXECTO

PROMOTOR

INVESTIMENTO 

AXUDA PROPOSTA

Deseño e desenvolvemento de
nova web do Concello de Coristanco
 

Concello de
Coristanco

10.587,50 €

8.512,35 €

Nova web do Concello de Zas

Concello de Zas

15.004,00 €

10.000,00 €

Aula Audiovisual Dixital en Olveira

Concello de Dumbría

17.908,00 €

14.254,77 €

Centro de Envellecemento Activo e
saudable en Orbellido

Concello de Vimianzo

25.842,45 €

19.847,00 €

Obras de acondicionamento interior
para aula de formación en Corcoesto

Concello de Cabana de Bergantiños

27.723,23 €

20.736,98 €

Portal web do Concello de Cee

Concello de Cee

12.100,00 €

8.857,20 €

Adaptación do salón de actos da
Casa da Cultura para a realización
de congresos e actividades

Concello de Corcubión

18.016,90 €

13.116,30 €

Proxecto de desenvolvemento da
aplicación informática para a inscrición
nos servizos e nas actividades culturais e deportivas municipais

Concello da Laracha

23.232,00 €

10.000,00 €

Rehabilitación e Recuperación das
Fontes e Lavadoiro do Bieiteiro, no Concello de Laxe

Concello de Laxe

15.606,24 €

7.483,24 €

TOTAL

 

166.020,32 €

112.807,84 €

 

2.-Proposta de Aprobación dos Proxectos Non Produtivos Privados Seleccionados:

 

TÍTULO DO PROXECTO

PROMOTOR

INVESTIMENTO

AXUDA PROPOSTA

Acondicionamento de local do teleclub de Buño
como centro de inclusión para
combater a soidade non desexada no
medio rural (programa acompáña-te no rural)

 Asociación
Cultural Progreso

73.948,79 €

38.000,00 €

 

3.- Proxectos Non Produtivos en Lista de Agarda:

Por falta de fondos para proxectos non produtivos de carácter público, quedaron en lista de agarda outros 2 proxectos:

1.- “Rehabilitación de muro medianero na Casa do Concello” (Concello de Fisterra)

2.- “Pan de Carballo, produto artesán” (Concello de Carballo)

Enviouse a AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos detallados anteriormente para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria e llas envíe a cada unha das entidades promotoras.


4.- Proxectos Produtivos.

Por outra parte, presentouse nesta xuntanza a relación de proxectos de carácter produtivo presentados á convocatoria LEADER PEPAC 2025-2026, proxectos que xa están revisados polo equipo técnico do GDR e remitidos a AGADER para a verificación dos correspondentes informes de elixibilidade. Estes expedientes serán sometidos a aprobación pola Xunta Directiva unha vez que a Axencia remita as verificacións dos proxectos ao GDR.

Comentarios