Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Festival Fisterra Blues Experience 2019

28/xuño/2019 a 30/xuño/2019
17:00 h a 15:00 h
Diferentes lugares de Fisterra
cartel-Festival-fisterra blues esperience 2019
Festival Fisterra Blues Experience 2019

O Fisterra Blues Experience xa está de volta. Mañá comeza a programación, que está protagonizada polo máximo expoñente do blues de Chicago, Rockin’ Johnny Burgin; pola banda do pioneiro do xénero en España, a Tonky Blues Band; e por un dos referentes en Galicia: Víctor Aneiros. 

E, ademais,  prantarán unha árbore en homenaxe á lenda do blues falecida o ano pasado Lazy Lester, que estivo con nós na primeira edición do festival. E partirá o primeiro barco do Blues a Bordo, para contemplar o solpor coa mellor música, a da Fisterra House Band. E para rematar a noite, haberá jam session no Boulevard. 

Rockin' Johnny Burgin é un dos guitarristas e cantantes de Blues de Chicago con maior recoñecemento na actualidade. Desde as súas orixes con Tail Dragger nos 90, Johnny converteuse nunha superfigura do Blues en EEUU e en Europa. En Fisterra estará acompañado por Quique Gómez Band, banda do harmonicista e cantante madrileño Quique Gómez co que actualmente, Johnny està presentando o seu novo traballo ‘Dos Hombres!’.

Tonky é o pioneiro do blues en España. Montou a súa banda a primeiros dos anos 80 facéndose cunha forte reputacion no circuíto de clubs de blues e pasando rapidamente aos grandes festivais, sendo solicitado para acompañar coa súa banda a grandes nomes do blues americano como Lousiana Red, Carey Bell e Charlie Musselwhite. En 1990 Tonky foi membro do grupo de Jerry Lee Lewis facendo un longo tour e o mesmo fixo con Mick Taylor (ex Mayall e Rolling Stones) e no período 2000-2005 con Buddy Miles (ex menbro de Hendrix e Santana). 

Víctor Aneiros pertence a esa raza de músicos que ao longo de varias décadas combinou sabiamente o sentimento blues coa enerxía rock alternando o galego, a súa lingua natal, o inglés e o castelán ao longo de oito discos, percorrendo practicamente todos os festivais tanto nacionais como europeos e realizando centos de actuacións nunha carreira chea de coherencia, sen máis concesións que as ditadas pola súa propio virtuosísimo como guitarrista e compositor. Un artista pioneiro dentro do xénero que soubo achegar as súas raíces e a beleza da poesía galega ao mundo dos doce compases para acabar perfilándose como unha das propostas máis consolidadas a nivel estatal a través das súas propias composicións.

Do 28 ao 30 de xuño

O Fisterra Blues Experience regresa do 28 ao 30 de xuño nunha terceira edición na que haberá artistas internacionais como Rockin’ Johnny Burgin (EEUU) ou Morgane Ji (Illa Reunión); destacados membros da escena estatal como Los Deltonos, Tonky Blues Bandou Quique Gómez & Curro Serrano; e grandes do blues galego como Marcos Coll Band (residente en Berlín), The Soul Jacket,  Andhrea & The Black Cats, Willy & Winnie, Zeltia e Víctor Aneiros

Unha das estrelas desta edición será Marcos Coll, o galego agora residente en Berlín, líder de bandas como Los Reyes del KO ou The Mighty Calacas. E a Fisterra virá cunha banda internacional moi especial: Emiliano Juárez (México) á guitarra, Daryl Taylor (EEUU, baixo e voz) e Aine Fujioka (Xapón, batería). 

E a figura que virá do berce deste xénero é Rockin’ Johnny Burgin, un dos guitarristas e cantantes de blues de Chicago con maior recoñecemento en todo o mundo. Aquí estará acompañado pola Quique Gómez Band, con quen acaba de publicar o seu novo traballo, ‘Dos Hombres!’, disco gravado o ano pasado en Austin, editado polo prestixioso selo Vizztone.

Para acompañar a Los Deltonos (xa anunciados) na representación estatal, ofrecerá un concerto a Tonky Blues Band, un dos pioneiros da escena española, xunto con Quique Gómez & Curro Serrano, que ofrecerán un dos dous espectáculos no Barco Blues. 

A presenza galega será, coma sempre, importante. Alén de Marcos Coll e Víctor Aneiros (xa anunciado anteriormente), estarán os vigueses The Soul Jacket, que regresan con novo disco, ‘Plastic Jail’ (2018), no que reinventan a súa fórmula inimitable de Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul. Tamén estará a banda compostelá Andhrea & The Black Cats co seu son que arrecende a Nova Orleáns; o dúo ferrolán Willy & Winnie, que transita do jazz ao rock, pasando polo folk e o blues; e Zeltia, outro dúo que nos trae folk-rock e blues mesturado con outros sons máis acústicos e tribais. Sen esquecer a Fisterra House Band, a nosa banda residente. 

Un mundo de descubertas

Alén dos concertos como formato clásico, o festival volve apostar por unha interesante programación con múltiples actividades, na que volveremos ter taller de baile con Compostela Swing, Blues na Escola, concertos en barco, jam sessions e máis actividades, como o pasarrúas dunha banda que xoga na casa, os Rapacollóns

Slam poética

Antes de cada concerto, a modo de previa, haberá unhas intervencións poéticas de autores da Costa da Morte. A idea é conectar a poética galega co blues por medio de lugares comúns, como poden ser a temática da que tratan: A nostalxia do tempo pasado, a perda, o amor, a terra, a morriña, a viaxe, etc... Un diálogo entre dous poetas, a modo de verso. Os poetas participantes son, por parellas. David Creus - Estevo Creus; Suso Bahamonde - Álex López; Rosalía Fernández Rial - Elena Busto; e Leo Kch - María Lado.


Ademais, dúas presentacións de libros, un concerto didáctico do harmonicista Emilio Arsuaga, unha homenaxe a Lazy Lester (lenda do blues que participou na primeira edición do festival e faleceu o ano pasado), e un Roteiro Sonoro pola vila da man do músico e escritor Xurxo Souto

Programa completo

Fisterra Blues Experience 2019 Programa

Comentarios