mércores. 04.12.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

O gran San Xoán de Carballo 2019 (I)

21/xuño/2019 a 23/xuño/2019
21:00 h a 23:59 h
Carballo
San Xoan Carballo 2019
O gran San Xoán de Carballo 2019 (I)

O San Xoán máis potente de toda a comarca dase en Carballo, sen lugar a dúbidas. Nunha edición que chega en clave de muller, e coincidindo coa Semana Grande, vaise poñer en marcha unha campaña contra a violencia sexual, “unha campaña 0’0 agresións, porque hai que seguir concienciando á sociedade de que a diversión ten que ser sempre compañeira do respecto”.

A muller será tamén protagonista no pregón, porque este ano estará Sonia Méndez, directora do Festival Carballo Interplay, “unha persoa que, non sendo de Carballo, si ten unha vinculación con Carballo e moitas veces actúa de embaixadora do noso concello”. O pregón, que sirve de pistoletazo de saída, darase o venres 21 ás 21:00h na Praza do Concello.

O sábado 22 haberá verbena cos Satélites pola noite, se ben pola mañá xa haberá pasarrúas de Falso Escuadro.

O domingo 23, a partir das 19:00h celebrarase o Concurso de Cachelas. A noite será máxica en cada esquina de todo Carballo.

A Semana Grande do San Xoán empeza o luns 24 dende ás 11:30h con pasarrúas e concertos da banda de música. Pola noite, gran concerto de Mikel Erentxun a partir das 23:00h na praza do Concello. Despois verbena coa orquestra Israel.

O martes 25, ademais dos concertos matutinos, a gran cita será o XXII Descenso do Río Anllons con saída a partir das 18:00h no Bosque de Añón e chegada ao Parque do Anllóns. 
Para pechar o día, concerto de Blas Cantó, ñas 23:00h na Praza do Concello e verbena coa Panorama.

Non pararán as citas ao longo da semana, e a vindeira, haberá verbena o venres 28 con fogos de artificio, Rockin Carballo o sábado, e Festa do Bosque o domingo.

Programa Festas san Xoan_2019_Carballo

 

 

Comentarios