Evento
IV Encontro de Corais de Camariñas
13/nov./2016 a 13/nov./2016
20:00 h a 20:00 h
11:32 10/11/16
O Coro de Mulleres de Camariñas actuará novamente de aniftrión neste certame que contará coa
participación da Coral Lembranzas da Terra de Valdoviño e a Coral Polifónica de Cariño.
A Casa de Pedra acollerá este encontro que terá lugar o domingo as 8 da tarde. As corais
convidadas contan con case trinta anos de experiencia; de mediados da década dos oitenta, están
compostas por unha treintena de voces mixtas.
“Lembranzas da Terra” está formada por 33 voces mixtas que interpretan un amplo repertorio que
pasa pola música tradicional galega, habaneiras, música sudamericana, folklore do mundo, así
como misas ou panxolilñas. Entre as pezas seleccionadas para este certame hai pezas de música
da República Dominicana e tradicional sudafricana.
A Coral Polifónica de Cariño conta tamén cun amplo repertorio que inclúe música clásica, relixiosa
e popular, con preferencia polo cancioneiro galego. Vinteoito voces mixtas que nesta ocasión
interpretarán pezas populares galegas e canarias.
O anfitrión, o Coro de Mulleres de Camariñas, é o máis xove, o que non lles impediu participar en
numerosos certames, programas de televisión e gravar un disco. Trinta e cinco mulleres que
interpretarán pezas de música clásica, popular e tradicional como mostra dun amplo repertorio
que inclúe ata pezas de rock and roll.