![]()
Completa programación de entroido en Zas na que as filloas volven a ter a súa merecida presenza. As actividades comezan o venres 24 de febriero cun obradoiro dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que se desenvolerá no centro sociocultural de Baio entre as 16 e as 18 horas. O sábado, á mesma hora, continuará. Xa o luns e martes, realizarase o mesmo taller no centro sociocultural de Zas de 11 a 13 horas. Os interesados en participar deben anotarse previamente.
O día grande da programación é o martes de entroido, o 28 de febreiro, cunha gran festa no pavillón de Zas onde non faltarán os inchables, os xogos e un
concurso de disfraces no que se repartirán máis de 700€ en premios. Durante a festa de entroido repartiranse filloas gratis.
A organización corre a cargo do concello de Zas que tamén colabora coa
cea de entroido de Adro.