Evento
Memorial Pepe Valiña-Festival de Nadal da Coral de Baio
15/dec./2018 a 15/dec./2018
9:00 h a 6:00 h
Igrexa Nova
12:48 12/12/18
E xa queda pouco para celebrar en Baio o XV Memorial Pepe Valiña, o tradicional concerto de Nadal co que a Coral Xan Mella pecha o ano e que este ano terá carácter internacional. Este ano, ademáis dos anfitrións, cantarán o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, a Coral Estelas do Mar de Mugardos e o Orfeao de Loureiro de Oliveira de Azemeis de Portugal. Será o sábado 15 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa Nova.
O festival de Nadal ten carácter solidario e convidamos aos participantes a que vaian "Darnos a Lata": todas as latas de conserva e alimentos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.
