Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Evento

Monografías do Allo

24/nov./2018 a 24/nov./2018
4:30 h a 6:00 h
Torres do Allo
Monografías do Allo
CARTEL_Monografías_do_Allo_2018

Continúa o Concello de Zas poñendo en valor o seu patrimonio, e xerando un destino cultural sostible e camiñar cara un maior posicionamento turístico e cultural de calidade. E continúa apostando polas Torres do Allo como gran referente. Para seguir enchéndoas de contido (ademais da actividade semanal continua, que podedes ver abaixo, preparan xa un novo ciclo das “monografías do Allo”.

A cita será o próximo sábado 24 de novembro dende ás 16:30h coa temática “Os habitantes do pazos, fidalgos e campesiños” na que da man dos mellores expertos na materia profundarase na vida cotiá do pazo máis antigo de Galicia.

A partir das 16:30h. o historiador zaense Evaristo Rial falaranos de “150 anos de educación en Zas. O caso particular da Escola do Allo”, onde descubrir parte da historia descoñecida do pazo do Allo, non só a través de investigacións históricas, senón tamén do testemuño das xentes que o viviron e imaxes inéditas da escola do Allo e dos seus alumnos.

Ás 17:30h. será a quenda de Antonio Presedo, Catedrático de Historia Moderna e máximo experto na fidalguía galega no Antigo Réxime, que nos achegará “A vida cotiá nos pazos da fidalguía galega no S. XVIII”.

Actividade continua nas Torres do Allo

As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten aExposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-soneira-fidalga-de-xose-maria-lema-puxo-fin-as-monografias-do-allo/ https://quepasanacosta.gal/unha-incrible-viaxe-naturalista-dende-as-torres-do-allo/ https://quepasanacosta.gal/as-torres-do-allo-superan-xa-o-numero-de-visitantes-do-ano-pasado/
Comentarios