![]()
A seguinte cita lúdica e cultural da Biblioteca de Ponteceso terá como protagonista unha castaña moi especial e simpática aínda que un pouco temerosa. E ninguén mellor para contarnos o que lle acontece que o cómico, actor e contacontos Pedro Brandariz, gran coñecido xa do público infantil. Será o vindeiro xoves 8, a partir das 18:30 horas, na Biblioteca Municipal.
A castaña medoñenta é a historia dunha castaña moi retranqueira que debe evitar os perigos que a axexan cando chega o outono: os pinchos dos ourizos, os xabarís famentos, as avoiñas e os/as camiñantes come-castañas e ata algunha praga de vermes noxentos.
Se queres gozar dunha tarde de risas e contos, achégate cos teus nenos e nenas a desfrutar dun espectáculo pensado para toda a familia e que che resultará de balde.