Venres. 19.04.2024
El tiempo

Evento

Mostra de Teatro de Malpica

23/nov./2018 a 23/nov./2018
8:30 h a 6:00 h
Centro Cívico
Mostra de Teatro de Malpica
Mostra de Teatro de Malpica 2018

Esta semana, mentres o FIOT bota o último alento, e despois de coñecermos as propostas teatrais de Carnota, Laxe e Ponteceso, imos ata Malpica para ver como segue agromando a semente cultural que prendeu hai 85 anos da man das Misións Pedagóxicas.

Toca agora cambiar os títeres polo teatro, a rúa polo auditorio, e por iso xa se presenta a 14ª edición da Mostra de Teatro de Malpica. Unha mostra na que estarán cada venres ata o último de novembro, ás 20:30h no Centro Cívico, varias das mellores compañías do país, e

E ao venres seguinte tamén, porque o día 23 recibiremos a unha das nosas favoritas, Malasombra Producións, que obtivo a mellor valoración do público nos anos 2014, 2105 e 2016, e que nesta ocasión nos presenta O caso é ter saúde, para maiores de 16 anos. Para pechar a Mostra de Teatro recibiremos a Contraproducións, compañía gañadora da valoración do público o ano pasado, coa fabulación dramática Fillos do Sol, coa que foi finalista no María Casares deste ano na categoría de mellor texto orixinal. A sinatura é de Cándido Pazó, e a inspiración, de Eduardo Pondal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-laxe-e-ponteceso-lanzanse-ao-teatro-por-outono/ https://quepasanacosta.gal/unha-viaxe-historica-a-malpica-de-1993-coas-misions-pedagoxicas-e-o-teatro-dos-fantoches/
Comentarios