![]()
O Monte Faro de Brantuas, a Illa da Estrela e a Pedra da Serpe de Gondomil constitúen, xunto con outros elementos patrimoniais, o excepcional territorio mítico e sagrado de Corme. Desde a Concellaría de Patrimonio estamos a promover distintas iniciativas para recuperar, protexer e difundir ese gran valor patrimonial, medioambiental e cultural.
O sábado 1 de setembro haberá unha Noite de estrelas e mitos no faro de Brantuas, unha ruta nocturna que partirá da praia da Ermida e levaranos tamén pola Pedra da Serpe e a Illa da Estrela. Esta actividade guiada comezará ás 21 horas e terá unha duración aproximada de 3 horas.
A participación está limitada a 40 persoas. As interesadas poden inscribirse xa no número de teléfono 981 715 442, en horario de 09.00 a 14.00. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados, prismáticos e algo para sentar ou pousar no chan.