Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Evento

Noite de Solpor en Camariñas

20/xuño/2016 a 20/xuño/2016
22:30 h a 22:30 h
Noite de Solpor en Camariñas
cartel noite do solpor Camarinas O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugar escollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegada do verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas. O evento, ao que se convida a tódolos veciños que desexen asistir, ofrecerá unha recreación “dos ritos cos que os nosos ancestros celebraban as colleitas, o sol e a auga” segundo describe un dos seus protagonistas, Bernardino Martínez. O tratarse do día mais longo e a noite mais curta, “tratábase de axudar ao sol” a voltar a renacer, coa realización dunha serie de actos. Este e outros ritos celebraban a relación dos humanos coa natureza. Así, este luns 20 de xuño, e dende as 22:30 horas, un espectáculo de Dequenquen Teatro, organizado polo concello e dentro da rede cultural da Deputación, coa presenza de sete actores camariñáns, será o que volte a celebrar a chegada dun novo verán dende o alto do Monte Farelo, na Virxe do Monte, en Camariñas tal e como facían os nosos antergos.
Comentarios