venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

O Mes da Fundación

13/out./2018 a 13/out./2018
8:30 h a 6:00 h
O Mes da Fundación
A Fundación Fernando Blanco de Cee pon en marcha a 6ª Edición do Programa Educativo-Cultural “O MES DA FUNDACIÖN. OUTUBRO 2018”. Un mes, o de outubro, cheo de actividades para lembrar o nacemento en outubro de 1796 do mecenas ceés, e nacemento, 90 anos máis tarde, do antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema (actual I.E.S. Fernando Blanco de Cee), pedra angular na que se asentou o desenvolvemento educativo e cultural de Cee e da contorna. As actividades formúlanse en dúas vertentes, a escolar e a do público en xeral. Este ano serán as Matrioskas, unha proposta musiqueira moi singular, as que abran, o 6 de outubro, o programa para o público en xeral. Haberá música, teatro, monólogos… ata o 27 de outubro, cando Quico Cadaval peche o mes no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. O día grande será, coma sempre, o día da Ofrenda Floral, o sáabdo 20 de outubro.  Mes da Fundacion Fernando Blanco de Cee 2018
Comentarios