Evento
Outono en marcha
02/dec./2018 a 02/dec./2018
8:30 h a 6:00 h
11:19 23/10/18
Non para esta activa asociación conservacionista. Despois de limpar a lagoa de Baldaio, comezando cos xoves de cine as conversas no Luscofusco de “Ás sete no Espazo”, e coa Escola Ambiental abrindo o curso, a entidade verde acaba de publicar o seu 7º programa de rutas “Outono enmarcha”.
Da man de Evaristo Domínguez, e coma sempre co omnipresente José Manuel Menéndez, a entidade presentou unha serie de 5 rutas polos Concellos de Carballo, Malpica, Laracha e a comarca do Deza.
Unhas rutas cheas de patrimonio galego, para as que a asociación quere agrader a colaboración do concello de Carballo, Concello de Laracha, Protección civil, a Plataforma en defensa do Monte Neme, a Salvemos as fragas de Catasós