2ª Galicia: O Baíñas pega un salto e mete ao Volantes no pozo
Antepenúltima xornada da Liga da Costa e seguen dúas loitas aínda vivas. Na loita pola promoción, mentres Muxía, Porteño e Mazaricos pelexan pola “pole position” (tampouco é moi importante), o Outes perdeu unha boa ocasión para case que certificar o seu ingreso nese playoff. Empatou na Rocheira, e o Corme e o Ponteceso venceron polo que se poñen a 2 e 3 puntos, respectivamente, dos da Serra con dúas xornadas por diante.
Pero a gran novidade foi a vitoria do Baíñas. Os de Sanchiño sumaron 3 puntos vitais na loita por evitar o descenso e saen dun pozo no que mete ao Volantes, coa vista posta no Baíñas-Volantes da última xornada.
Todo, cun ollo pensando neste mércores de Copa da Costa.
Baíñas - Monte Louro (2-0)
- Baíñas: Joel (Porteiro), Raúl, Maikol, Héctor (Santi), Manu, Dylan, Charly (Cristian), Adrián, Edu, Ruly (Marcos) e Fabi (Aníbal).
- Monte Louro: Pedro, Óscar Fari, Miguel Verán, David Pais, Pablo, Abel Rey, Xián, Fabio, Javi, Álvaro Fari e Luismi. Tamén: Manolo Chouza, Íker, Pardelo, Riki.
- Goles: 1-0, m.58: Edu; 2-0, m.60: Edu.
Saíron enchufadísimos os vimianceses mentres que os loureáns (que recuperan a Xián tralo seu paso polo Dumbría) saían con pouca intensidade, xa se nada en xogo. Dylan mandaba un balón ao longueiro e o rexeite o remata Charly de cabeza pero Pedro demostrou as súas habilidades baixo paus nunha das poucas ocasións dunha lenta primeira metade. Tamén Rully tivo un man a man mentres que o Louro conseguía probar a Joel nun par de chegadas illadas
Saíron a por todas os locais na segunda, e con ese plus de intensidade, Edu coa axuda dun defensa colaba o primeiro tanto. De contado, Edu facía, en xogada individual, o segundo gol. A partir de aí, e tras quedar con 10 o Louro por unha rigorosa expuslión de Pardelo, o partido rematou tranquilo.
Ponteceso - Volantes (2-0)
- Ponteceso: Álvaro, Cotelo, Eloy Trigo, Iván Rod., Pedro, Javi Souto, Raúl, Ángel, Martín Puente, Alberto Recarey e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Neira, Mendieta, David Castro e Luca.
- Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Ángel, Ladipo, Kevin Waldomar, Adrián, Barreiro, Raúl, Pesco, Manu de Yi, Javi Romero. Tamén: Manu Teijo.
- Goles: 1-0, m.8: Martín Puente; 2-0, m.40: Pedro; 3-0, m.58: Eloy Álvarez; 4-0, m.65: Alberto Recarey; 5-0, m.89: Neira.
Mal partido dun tocado física e psicoloxicamente Volantes. Ademais das baixas (apenas contaban con 12 xogadores) os laranxas non estiveron no partido a pesar da súa importancia e viron como o Ponteceso dominou dende o comezo, adiantándose moi pronto por medio de Martín Puente. Asi e todo, os visitantes aproveitaron algunha que outra sufrida para acercarse a meta local facendo lucirse a Álvaro nun par de estas accións. Pero era Pedro o que poría o 2-0 antes do descanso.
A volta de este o partido caíu definitivamente de lado pontecesán con goles de Eloy Álvarez, Alberto Recarey e Neira xa no desconto.
Castriz - Mazaricos (3-1)
- Castriz: Coke, Fabián, Samuel, Elvis, Anxo, Piñeiro, Adrián García, Iván Facal, Alberto Mata, Pastoriza, Noli. Tamén: Rodo, Sebas, Álvaro, Saul e Braulio.
- Mazaricos: Ángel, Borja, Raúl, Carreira, Fran Pose, Pereiro, David, Rachón, Marcos, Molinos e Sandelo. Tamén Sanchiño, Ricardo, Castelo, Chiki e Luís Mayán.
- Goles: 0-1, m.42: Fran Pose un golazo de cabeza; 1-1, m.44: Adrián García; 2-1, m.51: Noli; 3-1, m.76: Braulio.
Un dos mellores partidos do Castriz no que vai de Liga ante todo un gran Mazaricos. O Castriz saíu presionando moi alto, correndo riscos, gañando os duelos e buscando poesións longas para quitarlle o que máis necesita o cadro de Marcos, o balón.
Porén, o Mazaricos tivo unha das mellores ocasións nun tiro de Rachón ao que fai un paradón Coke, e Pereiro manda o rexeite por arriba. Adiatábase o cadro amarelo cun remate de cabeza de Fran Pose o equipo de Marcos. Aí fai un paradón de Ángel, e na seguinte Adrián García empata.
Rómpese o partido na segunda coas probas do Mazaricos, e tendo algunha contra para certificar a vitoria. Pero tamén o Mazaricos tivo boas opcións coa saída de Chiki, que tivo 3 ocasións consecutivas boas, unha ao pau e outra parada de Coke, e un balón á cruceta de Sandelo.
Camariñas - Cee (2-2)
- Camariñas: Pablo, Carlos, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Manuel (Julián), Hugo Mario e Djibril.
- Cee: Yago Pazos, Jonathan, Diouck, Borja, Carlos, Bujeiro, Anxo, Jose, Adam, Eze e Bruno. Tamén; Isaías, Isma e Noe.
- Goles: 1-0, m.2: Djibril; 1-1 m.15: Bruno; 1-2, m.52: Adam; 2-2, m.82: Djibril.
Gran partido onte onde ambos equipos propuxeron moito malia non xogarse nada. O Camariñas, que chegaba con apenas 12 xogadores, comezaba golpeando primeiro cun cabezazo de Djibril que o meta ceense non acertou a despexar. O Camariñas quería dominar pero Cee recuperaría o mando con Eze no bastón de mando, lanzando a Bruno (suma 34 goles o pichichi da categoría, polos 30 de Djibril) para facer o empate.
A partir do empate habería un intercambio de golpes e repartíndose a posesión do balón. Antes do desanso Hugo tivo unha clara diante de Pablo pero remata frouxo.
Comezaba a segunda cun tanto de picardía de Adam, rubricando os bos minutos dos ceenses. Pouco a pouco os locais recuperan o mando e no treito final conseguen empatar.
Muxía - Camelle (4-0)
- Muxía: Domingo, Mateo, Michale, Gusa, Congui, Víctor Alcaina, Xan Nogueira, Manu artínez, David, Darío e Manu Nogueira. Tamén: Anxo, Julián, Iván Sambad e Mauro.
- Camelle: David C; Martín, Ruso, Dido, Pastelero; Chans, Estiben, Pablo, Chori, Makareno (Óscar), Mariño.
- Goles: 1-0, m.1: Michael; 2-0, m.4: Gusa; 3-0, m.72: Manu Martínez; 4-0, m.89: Mauro.
Solventouse rápido o choque, pois os camelláns saíron durmidos e en 4 minutos xa ían 2-0 abaixo. A partir de aí igualaríase o partido, co Muxía dominando o tempo do xogo, e pensando na Copa ante o Mazaricos. A segunda sería máis igualada, con ocasións para os dous lados pero acerto local.
Coristanco - Outes (1-1)
- Coristanco: Rubén, JOnathan Fraga, Lorenzo, Dani Vázquez, Erre, Regueira, Adrián pazos, Rodrigo, Loureiro, Álex López e Casti. Tamén: Kevin, Damián, Javi, Raúl e Álvaro.
- Outes: Dani; Jura, Chía (Adrián), Martín, Estefan, Babu, Veleiro, Iván, Pablo (Ramiro), Keko e Yago Dosil (Ryan).
- Goles: 1-0, m.51: Rodrigo; 1-1, m.55: Babu de penalti cometido sobre Keko.
Partido moi dinámico e con moitas alternativas en liñas xerais, e cun tempo para cada equipo. Durante o primeiro período o Outes non estivo nada cómodo, con moitos problemas para contrarrestar o xogo do Coristanco, que gozou de varias oportunidades bastantes claras e que non soubo aproveitar. Durante este primeiro acto, os visitantes Pablo e Iván tampouco estiveron atinados e aínda que inmerecido fomos capaces de chegar co empate ao descanso.
Arrincou máis igualado o segundo, pero así e todo eran os verdes os que se adiantaban pronto. Puxo aí a súa mellor versión o cadro visitante. De contado, Babu transforma un penalti sufrido por Keko, e á ultima media hora de xogo, o cadro de Álex Romero, máis enchufado neste final de temporada cun obxectivo moito máis claro que os de Cali, foi quen buscou máis a vitoria. Keko por dúas veces, Iván, Yago, Ryan e incluso un remate ao pao de Adrián Caamaño puideron decantar o partido ao seu favor, mentres que por parte local, se ben non chegaron con claridade, deron sensación de perigo a través de algún que outro contragolpe.
Cabana - Porteño (0-1)
- Cabana: Keylan, Noe, Christian Castro, Diego Méndez, Pablo Pose, Ferreiro, Micky Pose, Fernando Rey, Simón, Aarón Casás e Manuel Romero. Tamén; Manu Nantón, Roi, Miguel, Iván Rey e David Rey.
- Porteño: José, Pejo Pablo, Brais, Rodrigo, Mayor, Nico (Miguel), Joseba (Saviola), Manoliño (Jairo), Darío e Alan.
- Gol: 0-1, m.35: Joseba.
Primeiros minutos fríos, pero pouco a pouco o Porteño foi dominando algo máis. Tivo Pablo un balón que parou Keylan a “bocajarro”, e tamén Manoliño un par de remates antes de Joseba adiantase aos de Cousillas e Javi Baña.
O Porteño prepara xa o choque do mércores contra todo un Sofán na Grixa.
Muros - Corme (1-4)
- Muros: Ginky, Samuel, Gesto, Juanchy, Aliños, Pelos, Xaco, Pesky, Javi Pugil, Xavi e Dani Jurjo. Tamén: Dubert, Flavio, Xandre, Javi Pugil, Kin e Ángel.
- Corme: Quique, Brais Pailos, Borja Torrado, Xoel, Teo, Mauro, Hugo, Martín, Miguel, Alejo. Tamén; Noel e Senén.
- Goles: 1-0, m.36: Dani Jurjo; 1-1, m.58: Brais Pailos; 1-2, m.60: Hugo; 1-3, m.62: Miguel; 1-4, m.85: Alejo.
Comezou ben o Muros de Vinto, ben plantado, creando ocasións á contra ante un Corme con pouca intensidade. Tivo que aparecer Quique en varias ocasións para mantelos no partido antes e despois do tanto de Jurjo.
Pero cambiou o conto na segunda. Os muradáns non saíron enchufados e o Corme pouco a pouco foron cambiándolle a cor ao partido. Foi ao cuarto de hora, cando nunha páxara celeste, debido á gran presión dos azulóns, estes metían 3 goles en 4 minutos, que deixaban o partido encarrilado. Foise o Muros polo partido, pero o Corme aos espazos foi mellor.
MÁIS INFO
CRÓNICAS DA 2ª GALICIA
- X.28: O Outes achégase á promoción.
- X.27: O Castriz conseguiu celebrar, in extremis, o título da Liga da Costa en San Pedro.
- X.26: Outes, Ponteceso e Corme disputaranse a última praza da promoción de ascenso.
- X.25: As loitas pola promoción de ascenso e por evitar o descenso manteñen viva a Liga da Costa.
- X.24: Pelexando a promoción.
- X.23: Dúas loitas aínda moi abertas.
- X.22: O Castriz acariña o título da Liga da Costa.
- X.21: O Castriz supera unha proba de lume de Arliña.
- X.20: As vitorias de Baíñas e Volantes envorcan a zona de abaixo.
- X.19: Cabana, Monte Louro e Cee escapan da zona perigosa.
- X.18: O Castriz, máis líder tralo tropezo do Muxía en Coristanco.
- X.17: Mazaricos e Porteño tropezan.
- X.16: Os 4 primeiros fan fenda.
- X.15: Os 6 de arriba demostran o fermosa que está esta Liga da Costa.
- X.14: O Muxía calma a euforia do Mazaricos e o Castriz pecha o ano como campión de inverno.
- X.13: O Mazaricos endosa a primeira derrota ao Castriz.
- X.12: 7 equipos en 5 puntos por detrás do Castriz.
- X.11: O Castriz segue voando.
- X.10: O Castriz queda só arriba.
- X.9: Loita contra o vento.
- X.8: Mazaricos e Castriz dan un paso adiante.
- X.7: O Porteño supera o Rodeiro.
- X.6: O Porteño asalta o liderato tralo empate entre Castriz e Muxía.
- X.5: “90 minuti no Rodeiro son molto longo”.
- X.4: 2ª Galicia: Mazaricos e Castriz superan a calor de outubro.
- X.3: Mazaricos, Castriz e Monte Louro avisan.
- X.2: 2ª Galicia: Só 4 equipos suman a segunda vitoria.
- X.1: 2ª Galicia: Comezou unha nova e trepidante Liga da Costa.