Mércores. 15.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio saca a cabeza

Jose Luis Amor pitou o CD Baio-Cruces-Foto-Kuis Gonzalez
Jose Luis Amor pitou o CD Baio-Cruces-Foto-Luís González
1ª Galicia: O Baio saca a cabeza

FIxo os deberes na primeira das 4 últimas finais o Baio, superando ao pechacancelas. Sumou 3 puntos vitais pero esperaba máis axuda dos veciños. Se ben a Esteirana rascou un punto ante o Valiño que lle serve ademais aos de Néstor para non perder prazas, o Dumbría caía ante o Agolada, o gran rival dos baieses na loita por evitar o descenso.

Polo demais, derrota dun Fisterra xa coa cabeza na Copa, e dun San Lorenzo que parece xogou un partido de tenis en Valga.

Todo, cun ollo pensando neste mércores de Copa da Costa.

Baio - Cruces (5-0)

11 do CD Baio ante o Cruces-Foto-Luis Gonzalex
11 do CD Baio ante o Cruces-Foto-Luis Gonzalex
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Chechi, Alex Muíño, Damián, Sergio Antelo, Dani López, Bieito, Josiño e MC. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Pazos, Diego Santancier, Porty, Jairo e Guille Botas.
  • Goles: 1-0, m.26: MC; 2-0, m.43: Damián; 3-0 m.44: Chechi; 4-0, m.53: Sergio Antelo; 5-0, m.57: Sergio Antelo.
CD Baio-Cruces-Foto-Luis gonzalez
O capi baiés MC, co capi do Cruces e o trío arbitral-Foto-Luis González

Partido cun resultado xusto polo acontecido no verde do Platas Reinoso, gracias a un moi firme Baio, que saia con 8 “muñecos” baieses no 11 inicial (chegando a ser 9 no inicio do segundo tempo e debutando ademais outro xuvenil, Jairo), mandando e controlando xogo a través da posesión do balón.

Con todo, o Cruces, equipo xa descendido, demostrou que veu a competir e dar unha imaxe de equipo exemplar. “Isto tamén son valores deportivos”, quere destacar Félix.

Cordeiro - San Lorenzo (6-4)

  • San Lorenzo: Puyol, Manuel Mato, Lucho, Hugo Canedo, Jonathan, Iago, Javi, Diego Varela, Alberto Campos, Richi, Juanjo. Tamén: Benja, Lucas, Pablo Garrido, Quin, e Alex Costa.
  • Goles: 1-0,m .2: Moisés; 2-0, m.17: Moisés; 3-0, m.21: Adrián Falcón; 4-0,m .35: Moisés; 4-1, m.41: Iago de falta directa; 5-1, m.46: Adrián Falcón; 5-2, m.65: Juanjo de penalti; 5-3, m.84: Juanjo de penalti; 5-4, m.90: Juanjo; 6-4, m.94: Nacho de penalti.

Perdeu o choque na primeira metade o cadro carballés debido a pegada tremenda dos locais, tras dominar o devir do xogo. Pero o gol de Iago ao fío do descanso aínda deixaba unha fiestra aberta e o cadro de Lapido creo, e a base de empurre, conseguiu poñerse 5-4 a falta de dous minutos de final. Co equipo completamente envorcado, no desconto, sentenciaría o cadro local, despois dunha gran demostración dos de Verdillo.

Agolada - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Anxo; Alex Sendón, Brais, Alex Sánchez, Adrián Periscal, Fabio, Lucas, Mataso, Miller, Raúl e Dani Chao. Tamén: Kanario, Pablo Paz, Mario, Rivi, Alex e Gabi Goyes.
  • Goles: 1-0, m.16: David Val; 2-0, m.36: Hugo.

Non puido o cadro dumbriés facerlle un favor ao Baio. Foi un partido estrano, dominado bastante polos de Pablo Conde, pero no que os locais tiveron sorte e marcaron dous tantos a balón parado, o segundo, cun centro que se vai envelenando e se cola a gol.

Na segunda, os dumbrieses tiveron moito balón, e un par de ocasións para empatar pero non foron capaces de romper a tea de araña local.

Flavia - Fisterra (7-0)

  • Fisterra: Paulo, Lois, Breixo, Rubén, Aarón, Juan Trillo, Lobelos, Luisete, Mario, Maikel Mouzo, Guille.

Con 11 xustos (entre eles 6 xuvenís) chegaba o equipo de Diego Lobelos pensando no choque de Copa do mércores en Muxía. Así e todo, aguantaron 35 minutos, ben xuntiños, sen crear moito perigo máis que unha saída de Breixo, que acabou en penalti, pero paroullo o porteiro. Na xogada seguinte reciben o primeiro, e nos seguintes 10 minutos chegan dous máis, e o choque sentenciado. A segunda, de trámite, con algunha ocasión para os fisterráns, pero sen máis historia que o seu pichichi Damián, marcase o maior número de goles posible. De feito, cos seus 4 goles alcanza con 22 goles a Gonzalo (Negreira) e Alberto Fraga (Tordoia).

Valiño - Esteirana (1-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Kevin Rial, Adrián, Alex Rama, Kevin Lariño, Piki, Róber Pladur. Tamén: Martín Rama, Uxío, Alex Louro, Brais Noceda, Pachi, Elías e Oli.
  • Goles: 0-1, m.65: Piki; 1-1, m.83: Pablo Cameán.

Bo partido dos de Néstor, con gran intensidade, ben a nivel ofensivo, con máis posesión e lendo ben o choque, que lle serve para sumar un punto moi positivo, a pesar de quedar cun sabor agridoce por ter o partido no peto.

Foi igualado o primeiro tempo, no que de feito MJ parou un penalti que os mantivo no partido. Tamén tivo ocasión de Rober Pladur que sacou un rival baixo paus tras regatear ao porteiro.

Pero o marcador non se movería antes do descanso. Si que abriu a lata Piki no ecuador da segunda, cando o equipo mellor estaba xogando. Pero nunha acción illada, os locais conseguían empatar.

Quédanlle dous partidos seguidos na casa aos de Néstor para rubricar a permanencia.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios