![]()
O auditorio edificio Multiusos de Santa Comba acolle o sábado 14 de abril, ás 12:30 horas, a presentación da novela “A Madriña” publicada por Edicións Fervenza, o último libro de Mª Carme Caramés Gorgal, unha novela baseada nas vicisitudes de dúas mulleres dunha mesma familia, sufridoras pero loitadoras, e como, pese ás dificultades logran saír a flote.
No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, a autora estará acompañada do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; do escritor e investigador, Armando Requeixo; do profesor e escritor, Xosé Manuel Lobato; e da alcaldesa de Santa Comba, María José Pose.
"A Madriña" estrutúrase como un relato no que se contrapón a vida de Tareixa e Lola e as vicisitudes ás que se viron sometidas na súa vida.