Evento
Presentación dun libro en Moraime
18/xuño/2016 a 18/xuño/2016
19:30 h a 19:30 h
18:25 16/06/16
O próximo sábado 18 de xuño presentaranse en Muxía o libro MORAIME, PEQUENA VILA CON MAR, de X. H. Rivadulla Corcón. Editado por Edicións Positivas.
O acto terá lugar, ás 19:30 h. , na Biblioteca Municipal de Muxía.
”Moraime, pequena vila con mar” recolle un cento de relatos breves arredor da vida das xentes da vila mariñeira de Moraime. Unha vila ficticia, que recolle o nome da parroquia de Moraime, do Concello de Muxía, a modo de Homenaxe. Será unha presentación participativa, onde as persoas que así o desexen poderan ler contos do libro. Como fará o propio autor X. H. Rivadulla Corcón, e o editor Paco Macías.
MORAIME, PEQUENA VILA CON MAR
Moraime é unha pequena vila con mar onde os seus habitantes viven unha vida que pretenden tranquila para poder dedicarse ao que máis lles gusta: soñar. Os homes e mulleres da pequena vila son quen de converter o transcorrer cotián nun soño. Cando alguén de fóra chega a Moraime sente que entrou nun mundo onírico. Pero alí a vida é moi real e o soño que inunda a realidade convértea en algo moi humano. Pode que a vida debera ser en calquera lugar do mundo sempre así: Un soño.
Os contos de Moraime naceron ao calor do programa da Radio Galega “Un día por diante”. Foi unha colaboración diaria entre os anos 2008 e 2009. Neses días os habitantes de Moraime foron moi xenerosos permitindo que as súas historias fosen reveladas ao mundo. Eles non tiñan ningún interese vaidoso en dar a coñecer as súas vidas, só lles movía amosar como soñando a vida é un pouquiño máis amable, máis solidaria, máis xenerosa, máis fermosa.
Soñar é algo que ninguén nunca nos podera impedir facer.
O AUTOR
X. H. Rivadulla Corcón (A Coruña 1962) é poeta, narrador dramaturgo é guionistas. Traballa dirixindo, escribindo e presentando programa para TVG . Especializado en formatos documentais. Na actualidade está en emisión na TVG o seu programa “Ribeiras de Salitre” dedicado á cultura mariñeira, amosando a vida que xiran ao redor do mar nos portos galegos.
Tamén traballou en radio e como director teatral.
Ademais ten obra publicada de poesía, teatro, e é un dos máis destacados autores da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.
Contacto co autor:
[email protected]
tlf: 619293212