Evento
Presentación dun libro en Vimianzo
14/xuño/2017 a 14/xuño/2017
8:00 h a 6:00 h
18:18 06/06/17
Valentín Alvite presenta mañá, ás 2o horas na Casa da Cultura de Vimianzo, o seu libro “Relatos para sorrir”. O autor vimiancés pretende coa súa publicación facer rir aos lectores; un dos actos humanos máis saudables e pracenteiros.
Para iso Valentín Alvite escribiu unha serie de textos que son o resultado dunha fusión entre o relato literario e a banda deseñada ou cómic. A caricaturización, unha das características do cómic, está presente en moitos dos personaxes. Así, por exemplo, no relato O refresco, o taberneiro Pepe mostra unha hiperbólica paixón polo traballo. Nunha reaccion pendular, o seu fillo Duarte amosa unha exacerbada devoción pola preguiza.
A sátira de determinadas condutas humanas, como a febre do culto ao corpo e a eclosión dos centros de cirurxía estética, aparece en historias como a titulada A clínica. Finalmente, en Brais Olveira e O premio, ao compoñente humorístico, engádeselle un novo ingrediente para facer atraente a lectura: a intriga detectivesca.